MUSEO DIXITAL DO SLOT
Sobre SlotMuseum
SlotMuseum é froito de toda unha vida ligada ao mundo do slot e do traballo dun coleccionista que conservou e ampliou a súa colección durante máis de seis décadas.
A orixe de SlotMuseum
A historia da colección comeza en 1966, cando o coleccionista recibiu como agasallo de Reis un Scalextric Gran Turismo GT60, que incluía un Aston Martin DB4 GT y un Ferrari 250 GT Berlinetta. Aquel agasallo espertou unha afección que moi pronto foi moito máis alá de xogar con aqueles primeiros coches e que, co paso dos anos, daría orixe a unha extensa colección.
Durante anos participou en numerosas carreiras e competicións, vivindo intensamente unha época na que o slot se converteu nunha auténtica paixón. Chegaron novos vehículos, fabricantes, marcas, modelos e referencias, xunto co interese por conservar as pezas e a historia que había detrás delas.
Década tras década, aquel agasallo foi dando lugar a unha colección cada vez máis extensa. Moitos deses vehículos foron coidadosamente conservados ata os nosos días e forman agora parte do fondo que se está documentando e fotografando en SlotMuseum.
Máis de sesenta anos despois daquel Scalextric, nace este museo dixital coa intención de transformar unha colección persoal nun arquivo accesible para afeccionados, coleccionistas e futuras xeracións.
Un arquivo en crecemento
A colección continúa medrando e SlotMuseum amplíase progresivamente con novas fotografías, vehículos e información. O obxectivo é documentar cada peza e facilitar a súa identificación, contribuíndo a preservar e divulgar a historia do slot.